Hai varios meses, a Fundación GNOME iniciou unha campaña de recadación de fondos para poder contratar un administrador de sistemas a tempo parcial. Grazas a todos os doantes particulares e á colaboración de Canonical, Google e Nokia, xa acadaron o seu obxectivo económico, polo que agora anuncian o proceso de contratación.
O comité de contratación, elixido polos membros da Fundación GNOME, estará formado por Bradley Kuhn , Jonathan Blandford e Brad Taylor.
Trátase dun posto de administrador de sistemas que dirixirá e supervisará o traballo do equipo de voluntarios de administración de sistemas de GNOME para manter a infraestrutura de servizos de GNOME executándose sen problemas, de forma segura e fiable, así como para implementar melloras nos mesmos. A descrición completa do posto de traballo pode consultarse na web de GNOME.
Non se trata dun posto de programador, aínda que si é preciso ter certa habilidade de programación para ser quen de manter e mellorar os scripts de administración de sistemas e aplicacións web a medida que se executan nos servidores de GNOME.
O candidato seleccionado deberá:
- Ser capaz de concibir e executar proxectos de forma independente sen necesidade dunha dirección detallada.
- Contar con experiencia de traballo co voluntario e con comunidades xeograficamente distribuídas.
- Ser tecnicamente capaz e con experiencia en moitas ou na maioría das seguintes tecnoloxías:
- múltiples distribucións GNU / Linux con coñecementos específicos de Red Hat Enterprise Linux e Debian / Ubuntu
- Python
- bases de datos SQL
- PHP
- LDAP
- Puppet
- Mailman
- Ter un bo nivel de comunicación en Inglés falado e escrito.
- Ter paixón polo software libre e posuír coñecementos sobre GNOME.
Outros requisitos:
- Capacidade de comunicación e xestión dos proxectos e prioridades nun grupo de voluntarios distribuídos que forman o equipo de administración do sistemas de GNOME.
- Comunicacións semanais e mensuais co Director Executivo e informes trimestrais sobre o labor do equipo de administración de sistemas da Fundación GNOME.
- Non hai requisitos educativos específicos para este posto, con todo, o candidato ideal debería ter completada ou estar en disposición de completar unha titulación universitaria.
- É obrigatorio posuír varios anos de experiencia no mantemento de servidores en produción.
Todos aqueles con experiencia na administración de sistemas que cumpran os requisitos indicados, teñen unha excelente oportunidade para traballar para un proxecto de software libre da importancia de GNOME.
Para acceder á oferta tan só hai que enviar o curriculum vitae a board-list@gnome.org antes do vindeiro día 22 de xuño.
O proceso de selección posterior terá as seguintes fases:
- 15 xuño a 15 xullo: entrevistas telefónicas co comité de contratación
- 25 de xullo ao 30: Continuación do proceso cos mellores candidatos.
- 09 de agosto: Data de comezo do traballo.
Fonte: Gnome
