A Fundación Mozilla está a ultimar o lanzamento definitivo da versión móbil do navegador Mozilla, e entre as medidas adoptadas, ademais de continuar a traballar no proxecto Fennec, instan aos seus seareiros a participar no reto Firefox Goes Mobile.
Esta iniciativa, tal e como informan desde Código Cero, ten como obxectivo a escolla do emblema oficial do Firefox Mobile, que poderá aparecer nas páxinas web de Mozilla, en camisetas, adhesivos e moitos outros soportes. Feito polo que se configura como unha ocasión ideal para que os deseñadores realicen unha obra de gran difusión.
Os interesados poden remitir as súas achegas ata o 30 de setembro, de xeito que ata o 7 de outubro poderá votarse polas obras presentadas.Fennec está dispoñíbel en galego grazas á labor de tradución realizada por Mancomún en coordinación coa comunidade galega de software libre.
