Mancomún

A Fundación Wikimedia está a migrar os servidores das Wikipedias a Ubuntu Server

Venres, 28 Novembro 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/wikimedia.pngVisto en Agnix.org:

“A Fundación Wikimedia, que está detrás da coñecida Wikipedia, está en pleno proceso de migración dos seus servidores a Ubuntu, a popular distribución de GNU/Linux. A idea é simplificar a administración dos seus 400 servidores. Este proxecto volve demostrar a capacidade deste sistema operativo para grandes implantacións de servidores: non en balde o conxunto de sitios web de Wikimedia xera miles de millóns de páxinas ao mes.”

Aínda que o proxecto máis coñecido de Wikimedia Foundation é a Wikipedia, tamén dispón doutras fontes de visitas como Wikisource, Wikiquote, ou Wikinews, e todas elas reciben 10.000 millóns de visitas ao mes, unha cifra realmente mareante. Isto fai que nos picos de máximo tráfico esta organización reciba 50.000 peticións HTTP por segundo

Nunha entrevista con ComputerWorld, o CTO de Wikimedia, Brion Vibber, comentou as complexidades técnicas deste proxecto: a Wikipedia creceu de 15 a 200 servidores nos primeiros 18 meses. Estes servidores dispoñían de diversas distribucións de GNU/Linux traballando unhas con outras, pero ao unificalas todas elas e migrar a Ubuntu están simplificando de forma drástica a administración. “Podemos executar a mesma combinación en calquera lugar, e fará o mesmo. Todo é un millón de veces máis sinxelo agora”.
 
Fontes:
http://www.agnix.org/?q=node/2016
http://www.muylinux.com/2008/10/10/la-wikipedia-apuesta-por-ubuntu-server/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal