Mancomún

A Galipedia, a versión en galego da Wikipedia, alcanzou os 50.000 artigos

Xoves, 13 Agosto 2009

Logo da GalipediaRecentemente, a Galipedia alcanzou a cifra de 50.000 artigos, pasando a ocupar o posto número 41 no lista mundial das wikipedias.

As estatísticas falan da boa saúde da versión galega da Wikipedia que, nos últimos 2 anos, duplicou o seu número de artigos, pasando de 25.000 artigos a finais de xuño do 2007 a uns 50.344 no momento da redacción desta nova. Hai tamén algún tempo, o 7 de decembro do 2007, en Mancomún fixémonos eco do fito do alcance dos 30.000 artigos. Extrapolando datos destas cifras, podemos dicir que a Wikipedia galega medra a un ritmo medio constante duns 1000 artigos cada mes.

Ademais, en pouco menos de dous anos, a cifra de usuarios rexistrados pasou duns aproximadamente 2700 usuarios a un total de 12.680, dos cales estiveron activos, nos últimos 30 días, un total de 265.

Outros proxectos galegos relacionados son:

  • Galifontes: http://gl.wikisource.org/
  • Galilibros: http://gl.wikibooks.org/
  • Galizionario: http://gl.wiktionary.org/
  • Galicitas: http://gl.wikiquote.org/

A Galipedia usa o software MediaWiki que tamén usamos en Mancomún no noso servizo Wiki en http://wiki.mancomun.org.

Este aplicativo web está totalmente traducido ao galego grazas ao traballo do equipo galego de localización de MediaWiki. Máis información sobre o equipo de tradución e estatísticas da mesma en:

http://translatewiki.net/wiki/Portal:Gl

Estatísticas globais de tradución de MediaWiki:
http://translatewiki.net/wiki/Translating:Group_statistics

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal