Segundo nos informan dende o equipo de desenvolvemento, a nova versión de GALPon MiniNo está xa moi avanzada. Esta mesma semana acaban de publicar a primeira versión candidata RC1, que de non detectarse novos erros podería converterse xa en versión definitiva.
Nesta primeira versión candidata, ademais de corrixir fallos menores, introducŕonse os elementos gráficos definitivos como son os fondos, e o inicio con Plymouth. Tameń se teñen incorporado algunha mellora nos instaladores (agora a icona no inicio ao vivo dá acceso ao instalador avanzado) así como a posibilidade (nos menús de utilidades de MiniNo) de axustar a hora do BIOS.
O equipo de desenvolvemento agradece toda a colaboración nestas últimas fases de desenvolvemento co obxectivo de obter unha versión 2.0 o máis estable posible.
Todos os interesados en probar esta RC1 de GALPon MiniNo v2 Ártabros xa poden descargala dende a web do proxecto.
