Esta iniciativa encádrase dentro do plan PIMESTIC levado a cabo pola STSI para promocionar o uso das tecnoloxías da información e a comunicación ás PEME catalás. En palabras de Jordi Bosch, Secretario de Telecomunicación e Sociedade da Información, “esta suite é un paso máis do compromiso do goberno para fomentar o acceso e uso das TIC e estender e promocionar a implantación do SwL a toda a sociedade”. Lembrou tamén que “os autónomos e as micropemes de menos de 5 empregados supoñen máis do 88% do tecido empresarial catalán e son os que teñen os índices de informatización máis baixos.”
No anuncio da licitación indícase que se trata dun concurso aberto a calquera empresa. Toda a relación coa administración deberá realizarse no idioma catalán. O importe máximo da licitación é de 220.000 € dividido en dous lotes:
- Desenvolvemento da suite. 160.000€ cun prazo de execución de 4 meses dende a firma.
- Servizos de apoio e mantemento 60.000€ cun prazo dun ano logo de entregada a suite.
Algúns datos interesantes do prego de condicións técnicas son:
- Funcionalidades mínimas da suite:
- Xestión de contactos: clientes, provedores, colaboradores… Creación directa de mensaxes de correo electrónico, cartas, faxes … Envío de correspondencia a un conxunto de contactos, creación de etiquetas, emisión de facturas a un contacto…
- Cliente web coas extensións necesarias para os destinatarios
- Cliente de correo electrónico xestionable dende o panel de control
- Facturación e xestión de pedidos
- Xeración dos borradores dos modelos oficiais de facenda:
- Declaracións trimestrais do IVE e IRPF
- Resumos anuais do IVE e IRPF
- Relación de clientes/provedores para incluír na declaración anual de Relacións con terceiros.
- Elaboración de documentos: diferentes modelos de cartas, faxes, informes técnicos, orzamentos, ofertas, facturas … todos facilmente personalizables cos logos e datos do usuario.
- Deberá desenvolverse un panel de control dende onde xestionar, configurar e utilizar todas as aplicacións de forma directa e sinxela mediante ordes do tipo “crear unha carta”, “emitir unha factura” … Ademais o panel de control desenvolvido deberá permitir a incorporación de novas funcionalidades de forma fácil.
- A suite incluirá como mínimo o OpenOffice.org 2.2 , o GIMP 2.4 o Mozilla Firefox 2.0 o Mozilla Thunderbird 2.0 (ou versións posteriores). PDFCreator e ClamWin para a versión de Windows. Todas as aplicacións incluídas na suite deberán estar en catalán ademais de preparadas para a súa tradución a outros idiomas empregando ficheiros .po
- Deberán empregarse estándares abertos para o intercambio de información entre as distintas aplicacións que se inclúan na suite.
- A suite deberá ter versións con idéntica funcionalidade para as distintas plataformas:
- Microsoft Windows (2000 o superior)
- Apple MacOS X (10.4 o superior)
- GNU/Linux (kernel 2.6.x o superior)
- A licenza do produto final será GPL
- Deberán desenvolverse todas as plantillas, macros, aplicacións necesarias para cubrir as funcionalidades básicas
- O traballo de desenvolvemento da aplicación realizarase no entorno de traballo LaFarga.cat empregando como mínimo o CVS o bug tracker e o wiki para toda a documentación desenvolvida que deberá levar unha licenza pública.
