Mancomún

A GeocampES celebra a súa cuarta edición en Barcelona

Mércores, 26 Outubro 2016

Este pasado fin de semana, unhas 60 persoas se xuntaron en Barcelona para celebrar a cuarta edición da GeocampES, na que se falou e se compartiron ideas arredor das tecnoloxías da información xeográfica de software libre.

A GeocampES é una desconferencia que naceu en Galicia, impulsada polo grupos de Xeoinquedos galegos e a asociación Ghandalf, como parte das actividades realizadas ao abeiro do Convenio de colaboracion entre as AGULS e a AMTEGA para a difusion do Software Libre en Galicia.

Despois da celebración das dúas primeiras edicións en Galicia, o evento converteuse na referencia para xuntarse anualmente todos os grupos de xeoinquedos que existen en España, comezando a realizarse en diferentes lugares, o pasado ano en Sevilla, este en Barcelona e xa se fala de Almería como sede para o ano próximo.

Un ano máis destaca a participación de empresas punteiras do sector a nivel internacional, que compartiron e debatiron co resto de participantes sobre o estado das tecnoloxías da información xeográfica no ámbito do software libre.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal