Mancomún

A GPLv3 cumpre dous anos, mentres a GPLv2 segue sendo a licenza libre máis usada

Luns, 6 Xullo 2009
http://www.mancomun.org/images/stories/gplv3-logo-red.pngEn xuño de 2007, despois de moitos meses de atraso, a Free Software Foundation (FSF) publicou a GPLv3. Desde ese momento, a licenza comezou a gañar adeptos nun camiño sempre ascendente, mais aínda insuficiente, xa que a versión anterior, a GPLv2, segue sendo a maioritaria.

A base de datos do coñecemento de “Black Duck Software” confirma nun estudo das licenzas de software libre máis usadas que a versión 3.0 da GNU General Public License se atopa nun quinto lugar, cunha porcentaxe total lixeiramente por enriba do 5%.

No primeiro posto, con máis dun 50% das licenzas, atópase a versión 2.0, que leva liderando esta clasificación durante os últimos 16 anos. A segunda licenza máis usada é a LGPL 2.1 cun 10% do total de licenzas.

Segundo os datos do estudo, o crecemento en adopción da licenza GPLv3, medrou desde os 90 proxectos iniciais en 2007, aos 3.725 en 2008, e ata os 9.755 actualmente…
Recordámosvos que tendes dispoñíbeis desde o noso wiki, as traducións ao galego da licenza GPLv2 e GPLv3

Fontes da nova:
http://www.blackducksoftware.com/oss

http://www.linuxpromagazine.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal