O xigante IBM (co software colaborativo Lotus) está traballando cun par de socios relevantes, Canonical (de Ubuntu) e Virtual Brigdes (con VERDE, Virtual Enterprise Remote Desktop Environment), para presentar unha solución de escritorio virtual baseada en GNU-Linux.
Este movemento apunta directamente ao corazón do negocio que supoñen as solucións de escritorio na oficina de entidades financeiras, xa que que se procura lograr unha solución libre para un aforro significativo comparado coas máis estendidas de pago.
Esta solución permitiralles aos clientes acceder a un servidor baseado en GNU-Linux para lanzar aplicativos baseados en estándares de correo electrónico, procesador de textos, folla de cálculo e comunicacións unificadas, así como software para as comunicacións en rede en calquera dispositivo, portátil ou PC, dispositivos baseados no navegador ou mesmo móbiles.
Segundo IBM afirma, a solución proporciónalles ás empresas unha media de aforro de custo significativo respecto do software típico, contando con que, de media, supón entre 50 $ e 800 $ por usuario no caso optar pola suite Office de Microsoft, Windows e produtos relacionados; un custo de hardware arredor de 258 $ por usuario para adaptar o hardware a Windows e Office 2007; e un recorte en consumo de electricidade debido debido ás menores necesidades de potencia e de aí menor necesidade de aire acondicionado que supoñerían entre 60 $ 218 $ ;e aforros significativos tamén na administración e custos de apoio.
A solución provista co Virtual PC de IBM xa está actualmente dispoñíbel; estímase un custo de despregamento desta solución para un conxunto de 1000 usuarios de 49 $ por usuario. Inclúe o VERDE de Virtual Bridges, o sistema operativo para o escritorio Ubuntu baseado en Linux de Canonical e o software aberto colaborativo de IBM, baseado no Lotus Symphony, Lotus Notes and Lotus aplicativos.
Máis información en Channelweb
