Segundo anunciaron os organizadores do Máster en Software Libre, logo de avaliar as solicitudes recibidas nas últimas semanas, abriuse a posibilidade de inscribirse nunha nova edición en Vigo para o ano académico 2010-2011. Esta edición impartirase na sede da Obra Social de Caixanova en Vigo, grazas á colaboración de Caixanova.
O prazo de matriculación único e ordinario para a edición de Vigo está aberto ata o vindeiro día 12 de Outubro de 2010, para que todas as persoas interesadas poidan anotarse cubrindo o seguinte formulario de inscrición.
Ao igual que na correspondente edición de A Coruña, cuxo prazo de matriculación extraordinario está aínda aberto ata o vindeiro día 1 de Outubro, o máster ten un custe de 7000 euros que pode verse reducido grazas a unha interesante política de descontos aplicable a recen titulados, aos mellores expedientes dos últimos anos, participantes no premio ao mellor proxecto de fin de carreira con SwL, membros de colectivos como certos colexios profesionais, certas asociacións galegas de usuarios de software libre, persoal de empresas de AGASOL ou ASOLIF …
O plan de estudos do Máster en Software Libre ten un enfoque práctico-técnico e oriéntase a recentemente titulados e profesionais TIC que desexen mellorar as súas capacidades para xestionar, analizar e colaborar en proxectos internacionais de Software Libre. Para isto fomentarase a asistencia a congresos internacionais e o traballo en grupo durante o desenvolvemento da docencia. Os obxectivos do Máster plasmaranse nun proxecto final de carácter práctico dirixido por un titor.
Para maior información o organizadores teñen dispoñible un formulario de contacto.
Ligazóns de interese:
- Formulario de inscrición da edición de A Coruña. Data límite 1 de Outubro.
- Formulario de inscrición da edición de Vigo. Data límite 12 de Outubro.
