A Junta de Extremadura acaba de concluír o desenvolvemento de GUIA-LinEx, a versión da de gnuLinEx orientada aos concellos e deputacións provinciais, ofrecéndolles a posibilidade de unificar os seus sistemas de información baixo un sistema sinxelo e potente.
GUIA-LinEx, que así se chama a distribución (Gestión Unificada de la Información para Ayuntamientos y Diputaciones Provinciales) é a sexta das versións de gnuLinEx que desenvolve a Junta de Extremadura desde que o 17 de marzo de 2002 se presentase a primeira delas. Sucesivamente desde entón desenvolvéronse versións con utilidade específica para o sistema educativo estremeño (LinEx-Edu/LinEx-Cole), a pequena e mediana empresa (LinEx-PYME), a sanidade pública (SES-LinEx) e o sistema administrativo da Junta de Extremadura (LinEx SP), ademais da versión estándar gnuLinEx.
Segundo afirma un dos técnicos implicados no seu desenvolvemento, o proxecto GUIA-LinEx márcase como obxectivo lograr unha distribución caracterizada pola máxima seguridade, sinxeleza e facilidade de uso. Na práctica estes principios tradúcense nun produto de software que dispón dun escritorio moi sinxelo, con unha curva de aprendizaxe moi baixa, no que os usuarios poden prescindir de toda tarefa de mantemento, que lles proporciona ademais un sistema de copias de seguridade remota e que dispón dun conxunto de aplicacións que abre as postas á e-Administración…
Podes ler toda a información na nova orixinal da nova en:
http://www.laflecha.net
