Mancomún

A Libre Software World Conference celébrase o 27 de outubro en Málaga

Luns, 25 Outubro 2010

Hai unhas semanas dabamos conta da inesperada cancelación da Open Source World Conference prevista para os días 27 e 28 de outubro en Málaga, organizada polos gobernos rexionais da Junta de Andalucía e a Junta de Extremadura, e tamén da rápida reacción do sector empresarial para recoller a testemuña deixada pola administración.

Libre Software World Conference Logo de dúas semanas de intenso traballo o sector do Software Libre de España demostra a súa madurez en Málaga organizando a Libre Software World Conference. O evento é patrocinado e organizado integramente polas empresas e asociacións membros de ASOLIF, Andalibre e o Concello de Málaga.

O xoves 27 de outubro, no Palacio de Congresos de Málaga, as empresas de ASOLIF, entidades públicas e privadas e grandes empresas de toda a xeografía española exporán a súa mellor oferta de software libre ás empresas, profesionais e usuarios interesados na rama da informática de maior crecemento actualmente en todo o mundo.

A completa axenda desta Conferencia estrutúrase en torno a mesas de debate, demostracións de produtos, relatorios e presentacións e conta con participación galega.
Así a empresa galega Igalia participará co relatorio “NavalPlan: Unha nova aplicación web de planificación” e tamén realizará unha demostración do produto. NavalPlan é un aplicativo desenvolvido co financiamento da Xunta de Galicia para mellorar a xestión da produción das empresas do sector auxiliar do Naval Galego. Está deseñado para dar resposta ás necesidades específicas de ditas empresas e a complexidade organizativa e de integración que presentan os procesos produtivos do sector naval.

Por outra parte a asociación Ghandalf , presentará o relatorio “Localización e tradución de documentación de alto nivel no que presentarán a metodoloxía de traballo que desenvolveron e puxeron en práctica para a tradución ao galego do libro Producing Open Source Software.

É de salientar a participación galega tamén na organización do evento, coa representación de Roberto Brenlla da empresa Tegnix, no comité de selección de contidos así como no desenvolvemento de contidos.

O programa completo inclúe:

Mesas de debate (Sala 1):

  • Turismo en Software Libre
  • Peritaxes e seguridade informática
  • Liberación de produtos software
  • Migracións a Software Libre en pequenas e medianas entidades
  • Software Libre e Universidade
  • Aplicacións Libres para Administracións Locais. Guía ALIAL. ASOLIF

Demostracións de produtos (Sala 2):

Relatorios (Sala 3):

  • Mesa: "Comunidades e desenvolvemento industrial en España: un binomio necesario"
  • Mesa: "Solucións web avanzadas"
  • NavalPlan: Unha nova aplicación web de planificación
  • Zentyal en Diputacións Provinciais: Diputación de SevillaZentyal
  • Localización e tradución de documentación de alto nivel: Ghandalf
  • Tel Directory Creator
  • Gestión Semántica de Contenidos con Ximdex
  • "LinEx 2010: software libre sen complicacións": Junta de Extremadura
  • KDE: o escritorio empresarial elegante: KDE España
  • Desenvolvemento Colaborativo para Grandes Proxectos Empresariais
  • Software Libre para a saúde

Presentacións (Sala 4):

  • Yerbabuena Software
  • D.I.M.S.,S.L.
  • Correo e alternativas
  • Competindo contra xigantes: Zentyal vs Windows SBS. IMPRO/eBox
  • Presentación de proxectos de referencia: OPENTIA
  • LibreGeoSocial: Realidade Aumentada en Android para Turismo: LibreSoft
  • Yaco
  • Acreditacións de Calidade en Software Libre: CESLCAM
  • OpenOffice.org: Oracle
  • Presentación Patronal AsturLibre
  • Proxecto Tresnaola: Patronal ESLE
  • CRF, Centro de Referencia de Formación ASOLIF
  • Proxecto Andalibre: Patronal Andalibre
  • Comunidade de Software Libre Morfeo: Telefónica I+D

Para obter máis información recoméndase consultar a web da Libre Software World Conference.

Fonte: Nota de prensa

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal