Este Novembro terá lugar en Bilbao o 6º congreso nacional de Software Libre e Coñecemento Aberto, LibreCon 2016. A cita estará centrada nesta ocasión nos retos da Industria 4.0, así como nos novos usos de software libre no sector financeiro. Dende Mancomún, xa fixemos eco do seu chamamento para a participación o pasado mes de Xuño.
A capital vizcaína acollerá entre os días 22 e 23 de Novembro o congreso que aglutinará máis de 120 ponencias e 600 empresas. Espérase que á cita acudan máis de 1500 persoas.
“Queremos que LibreCon 2016, sexa o maior encontro internacional promovido polo sector das tecnoloxías libres no Estado”, explicaba Eneko Astigarraga, presidente de ESLE. “Cremos que o software libre é a clave para a industria 4.0 e a revolución da banca online. Pero non só nós, tamén están convencidos os inversores de capital risco que valoran moi positivamente a utilización de soluciones de software libre nas start-up e en todo tipo de proxectos nos que invisten, en todo tipo de sectores”.
Toda a información en: http://www.esle.eu/
Pasada edición da LibreCon
A pasada 5ª edición da LibreCon foi organizada o ano pasado por AGASOL, ASOLIF e o Cluster TIC Galicia e tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O evento acolleu durante dous días a responsables do mundo da empresa, a administración e a educación que deron a coñecer as tendencias e casos de éxito baseados en tecnoloxías abertas que fornecen no momento actual a competitividade e innovación das empresas e administracións públicas.
