A “Electronic Frontier Foundation (EFF)” gañou a posibilidade da reexaminación dunha patente de música ilexítima. Esta foi a sexta solicitude de reexame formulada polo proxecto EFF á “Oficina de Patentes e Marcas ( PTO) dos EE.UU.” ; e tamén foi a sexta vez que a oficina de patentes accede ao pedimento da EFF.
Seer Systems (empresa propietaria da patente) gañara esta patente para un sistema e método para mesturar diferentes tipos de ficheiros de música nun só ficheiro, distribuílo por Internet, e despois reproducilo. Na petición de reexame, a EFF, xunto coa firma de avogados “Day Casebeer Madrid & Batchelder“, amosaron que as descricións desta tecnoloxía foran publicadas unhas cantas veces antes de que Seer Systems fixer a solicitude.
Seer Systems ten agora a oportunidade de defender a patente e presentar as súas alegacións. Unha vez presentadas, a PTO decidirá se invalidar a patente. A PTO revoga ou modifica e restrinxe aproximadamente un 70% das patentas sobre as que concede o pedido de reexame…
Máis información na nota de prensa orixinal (en inglés):
http://www.eff.org/
Outras ligazóns relacionadas:
Oficina Española de Patentes e Marcas
