Mancomún

A OLPC doa portátiles con Linux a nenos palestinos en Gaza

Martes, 27 Xaneiro 2009
O proxecto One Laptop Per Child, dedicado a desenvolver computadores portátiles de baixo custo e con propósito educativo para ser vendidos a gobernos de países en desenvolvemento, doou 5.000 unidades do seu produto sobranceiro, o portátil XO, a nenos palestinos da faixa de Gaza.

Tal e como indica o Journal of New England Technology, a OLPC facilitou estes portátiles baseados en Linux á United Nations Relied Workers Agency para que poidan ser distribuídos entre os novos refuxiados atendidos pola UNRWA. A xogada é especialmente xenerosa, dados os desafíos financeiros aos que se enfronta a OLPC.

A raíz desta información, Nicholas Negroponte, fundador da OLPC, anunciou un cambio drástico na xestión da organización, que reducirá á metade o seu persoal así como os seus esforzos no desenvolvemento de software. Ademais destes recortes, Negroponte declarou que a organización debería aumentar a súa actividade en Oriente Medio e anovar os seus esforzos para proporcionar o seu produto de nova xeración. Este movemento caritativo na faixa de Gaza parece ser o primeiro movemento da súa anovada atención cara a Oriente Medio.

Fonte: Linux AV

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal