Mancomún

A OSHWDEM 2015 bate o seu récord de participación

Mércores, 16 Decembro 2015

O pasado mes de novembro celebrouse na Domus de A Coruña a OSHWDem 2015, un evento con filosofía BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware, que vai xa pola súa cuarta edición e que este ano bateu tódolos récords.

Imaxe da OSHDEM

Organizada dende BricoLabs, co apoio da Asociación GHANDALF, durante o sábado, día principal do evento, pasaron polo mesmo máis de 1600 persoas, o que supuxo un aumento de 600 persoas sobre os datos da edición anterior.

No aspecto técnico tamén se notou unha mellora significativa, contando con máis participantes de toda España, con montaxes máis sofisticados nos seus stands.
Nos talleres que se celebraron os días previos houbo tamén unha grande afluencia de xente, chegando a celebrarse ata 4 obradoiros de forma simultánea. Así mesmo, houbo tamén unha grand participación nos diferentes concursos de robots, nos que se encheu totalmente a sala de competición e donde se alcanzou un nivel dos participantes altísimo.

Como sempre, houbo espazo para as impresoras 3D, os robots, mesas redondas sobre a regulacion de usos de drones, robótica persoal, etc… un espazo no que tanto nenos como maiores puidéronse achegar á electrónica libre e coñecer máis de preto a enorme comunidade maker do noso país, convertindo a OSHDem nun dos eventos de referencia.

Esta actividade forma parte das actividades que a asociación GHANDALF realiza no marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal