Mancomún

A OSHWDem celebra a súa edición de 2016 con cifras de récord

Martes, 8 Novembro 2016

Este pasado fin de semana celebrouse a edición 2016 da OSHWDem, organizada por BricoLabs e coa colaboración da Asociación GHANDALF. Esta é xa a quinta edición desta feira con filosofía de BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware.

Segundo podemos ver no resume da mesma, este ano batéronse tódolos récords en canto a participación e público asistente. Estas son algunhas das cifras:

  • Un total de 2150 asistentes
  • 43 proxectos diferentes expostos na feira
  • makerspaces de toda Galicia: Recuncho Maker, Makers Lugo, Pontemaker, Clou Wars, Tropa Korriban…
  • máis de 100 makers na exposición contando a todo o persoal dos distintos proxectos e charlas

Pero a OSHWDem deste ano non rematou aquí, senón que os vindeiros días terán lugar diversos talleres aos que aínda é posible inscribirse a través da páxina web do evento.

Como en tódalas edicións anteriores a AMTEGA colaborou no evento a través do Convenio de colaboración asinado coas AGULS para a realización de actividades de promoción do Software Libre en Galicia no marco do Plan de Acción en Software Libre 2016.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal