Mancomún

A OSI publica unha API de licenzas abertas

Venres, 10 Xuño 2016

Logotipo OSI

Nos últimos 19 anos, a Open Source Initiative (OSI) liderou o que se coñece coma a Open Source Definition (ou OSD) consolidando unha linguaxe común en cando ao que significa unha licenza Open Source e no mantemento dunha lista de licenzas que son coñecidas por ser compatibles coa OSD.

Agora, a OSI da un paso máis aló proporcionando unha publicación accesible para máquinas das licenzas OSI a través do servizo api.opensource.org. Este servizo permitirá a terceiros facer comprobacións automáticas acerca de licenzas e dar ás organizacións a capacidade de determinar claramente o alcance dunha licenza Open Source dende unha fonte autorizada sobre licenzas de código aberto, o OSI.
O lider de Open Source en Github, Brandon Keepers opina que "unha fonte canónica de metadatos de licenza lexible por máquinas é un gran paso no sentido de permitir que os desenvolvedores creen ferramentas arredor de licenzas de código aberto”.

O concepto detrás desta API é o de ser un "hub" co obxectivo de gardar a lista central de pistas e identificadores comúns a outros servizos, permitindo a terceiros que xa están a facer “license-aware” fornecer os seus cruces de licenzas. Como proba de concepto, os identificadores SPDX foron engadidos, permitindo cruzamentos de conxuntos de datos SPDX. Isto permite que calquera persoa poida obter un ID de licenza SPDX, e determinar se está aprobada pola OSI interrogando directamente a API OSI.

As fontes dos datos poden ser atopados en git. Ademáis, xa están publicados wrappers moi básicos da API para Python, Go, así como Ruby.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal