A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña ofrece desde esta semana, a través da súa web, un completo directorio de ferramentas informáticas de software libre e preferentemente de carácter multiplataforma.
Esta iniciativa, que forma parte dos labores divulgativos e formativos sobre o software libre encomendados a esta Oficina, porá a disposición de todas as persoas usuarias da rede máis de 70 aplicativos clasificados en distintas categorías segundo as súas funcionalidades.
Este novo repositorio súmase, así, aos xa ofertados por Mancomún -a través do DVD ferramentas informáticas para a PEME– ou por Galicia PMS. No entanto, fronte ao enfoque empresarial dos outros dous directorios, a compilación da OSL da UDC ofrecerá agora unha alternativa moito máis versátil con aplicativos que van desde a edición ou reprodución multimedia ata ferramentas útiles para un manexo básico do computador (compresión, seguridade…) ou mesmo para cálculos científicos.
Deste xeito, o repositorio distingue cinco categorías: internet, oficina, utilidades, multimedia e científico, subdivididas á súa vez en distintas clases referidas a aplicativos máis concretos. Cada un dos aplicativos para a descarga van acompañados dunha breve descrición explicativa, orientando perfectamente ao usuario na súa busca.
Os programas incluídos caracterízanse pola súa facilidade de instalación e uso. Ademais ofrécese tamén a posibilidade de realizar, na meirande parte dos casos, as descargas para diversos sistemas operativos.
Recollemos, a continuación, a lista completa dos aplicativos dispoñíbeis:
- Internet
- editores html
- Kompozer
- Amaya
- ftp
- FileZilla
- p2p
- aMule
- LimeWire
- Vuze (antes Azureus)
- Outros
- Putty (cliente SSH, Telnet, rlogin e TCP raw)
- Wireshark (analizador de protocolos)
- Chat
- ChatZilla
- KVIrc
- X-Chat
- Clientes correo electrónico
- Mozilla Thunderbird
- Mensaxería instantánea
- Pidgin
- aMSN
- emesene
- Oficina
- procesador de texto
- folla de cálculo
- Gnumeric
- OpenOffice.org Calc
- presentacións
- visor pdf
- KPDF
- Okular
- Maquetación
- Scribus (aplicativo de maquetación e creación de PDF interactivos)
- Suites
- axenda
- Utilidades
- Editor de texto
- Seguridade
- ClamAV (antivirus: ClamWin en Windows e ClamXaw en Mac)
- PhotoRec (recuperación de datos)
- Visor de imaxes
- Editores de imaxes
- Idiomas
- OmegaT (ferramenta de tradución)
- StarDict (dicionario interactivo con múltiples idiomas)
- Multimedia
- Reprodutor de son
- Editor de son
- Reprodutor de vídeo
- Televisión
- Miro (televisión por Internet)
- Científico
- Matemáticas
- Programación
- Proxecto
- GanttProyect (xestor de proxectos)
- Día (creación de diagramas)
Fonte: OSL da UDC
