Mancomún

A OSL da UdC creará unha lista de colaboradores

Xoves, 12 Febreiro 2009

A Oficina de Software Libre (OSL) da Universidade da Coruña fai pública unha convocatoria entre os membros da UdC para a confección dunha lista de colaboradores. Está solicitado 1 crédito de libre elección por cada 15 horas de colaboración. Trataríase de colaborar na planificación, preparación e participación en actos, cursos e outras actividades relacionadas con publicidade, formación e difusión do software libre. Por cada acto no que se participe entregarase a maiores un certificado de colaboración e do seu aproveitamento.

Para formar parte da lista de colaboradores deberá ser membro da Universidade da Coruña (alumno, profesor ou persoal laboral), estar interesado no software libre e na realización de actividades de carácter público.

Máis información no web da OSL

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal