Visto na páxina da Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña:
"Estas xornadas pretenden dar un enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándonos especialmente nos sistemas GNU/Linux. Para iso dividirase nas seguintes sesións:
Día 1
- Conceptos básicos
- Un pouco de historia
- Que é GNU/Linux?
- Vantaxes
- Distribucións e escritorios
Día 2
- Instalando desde Windows
- Particionando o disco
- Instalación de Ubuntu 9.10
- Configurando o noso novo equipo
Día 3
- Que son os repositorios?
- Conseguindo novas aplicacións
- Introdución aos novos programas
- Alternativas libres a aplicacións privativas
Este curso está aberto a todo o público…
Numero de prazas
O curso dispón de 30 prazas que se cubrirán por estrito orden de inscrición.
Certificado de asistencia
Entregarase un certificado que será emitido pola OSL da UDC.
Duración
O curso durará dez horas repartidas en tres sesións.
Datas
1 de decembro de 2009 de 17:00 a 20:00 horas.
2 de decembro de 2009 de 17:00 a 21:00 horas.
3 de decembro de 2009 de 17:00 a 20:00 horas.
Ubicación
Os cursos terán lugar na aula de graos 2 da Facultade de Informática situada no Campus de Elviña.
Inscrición
A inscrición no curso pódese facer por teléfono ou mediante un formulario web.
Máis información na páxina da OSL da UDC:
http://softwarelibre.udc.es/Xornadas
