Mancomún

A OSL da USC gaña o premio EGANET 2009 na categoría Software Libre

Xoves, 17 Decembro 2009

Onte á noite, celebrouse no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, o acto de entrega dos premios EGANET que, como cada ano, recoñecen o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia.

Nesta ocasión, o premio da categoría Software Libre, recaeu na Universidade de Santiago de Compostela pola Oficina de Software Libre da USC. Os nosos parabéns ao equipo da Oficina de Software Libre da USC por este merecido premio.

Esta oficina naceu no ano 2008 a través dun convenio firmado entre a Xunta de Galicia e as 3 universidades galegas co obxectivo de analizar, promover e implantar o software libre na comunidade universitaria.

O proxecto da OSL da Universidade de Santiago parte da elaboración dun completo e ambicioso plano de acción con diversas frontes e cunha gran actividade. Como mostra desta prolífica labor recollemos algunhas das novas sobre as actuacións da OSL USC nas distintas áreas:

Os demais galardoados nesta VI edición dos premios EGANET nas outras categorías foron:

  • Premio PUBLICIDADE ONLINE: LA NUESTRA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA, pola nova edición da campaña Movemento contra a Lei de Murphy.
  • Premio APLICACIÓN ON-LINE: IR INDO, polo dicionario en liña Digalego.
  • Premio E-COMMERCE: BUENAS IDEAS EN ACCIÓN, pola web Planetapluton.com.
  • Premio COMUNICACIÓN WEB: FAUSTO DESEÑO ASOCIADOS, polo “Universo Galimatías”.
  • Premio CULTURA DIXITAL: CONTINENTAL PRODUCCIONES, por Evento Ligado á Extinción (ELE).
  • Premio MELLOR AMBIENTE LABORAL: FACTORÍA DE SOFTWARE E MULTIMEDIA (IMAXIN SOFTWARE).
  • Premio TECNOLOXÍA ACCESIBLE: NEO, por Bildo, a Comunicación Universal.
  • Premio E-EMPREDEDORES: TEIMAS DESENVOLVEMENTO SL. (Tecnoloxías da Información MedioAmbientaiS)
  • Premio Especial EGANET: PLATAFORMA VINDEIRA.

Fonte: Códigocero

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal