Esta semana a USC publicou a resolución definitiva dos seus cursos de verán. Do total de 46 cursos presentados seleccionáronse 30 en base a unha serie de normas e criterios e que serán impartidos entre o 18 de xullo e o 16 de setembro de 2011.![]()
A universidade de Santiago de Compostela está realizando unha aposta firme polo software libre a través dos convenios de colaboración que vén asinando coa Xunta de Galicia para a promoción do mesmo dentro da institución. Unha das liñas de actuación para conseguir dito obxectivo pasa por ofertar unha ampla formación en software libre. Para isto a OSL da USC presentou 4 candidaturas de cursos á Universidade de Verán da USC dos que foron seleccionados 3. Con estes cursos cúbrese unha demanda real, tanto dos membros da universidade, como doutros colectivos da cidadanía e, sobre todo, dun tecido empresarial que ve no software libre unha forma de competir e abaratar custes. Estes curso s contarán co apoio de empresas TIC, da federación de empresas de Software Libre de Galicia (AGASOL) e da Xunta de Galicia.
Os 3 cursos seleccionados son:
- Boas prácticas na informática e na Internet con ferramentas FLOSS.
- Traballo diario con Ubuntu. O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar
- Deseño e autoedición con Software Libre: logotipos, revistas e retoque fotográfico
Boas prácticas na informática e na Internet con ferramentas FLOSS.
Cada día cobra máis importancia a vida dixital, xa que a maior parte da nosa información se garda en formato dixital (véxanse fotos, documentos, música,…). Isto fai que a forma de gardar, de compartir e de protexer esta información vaia cobrando cada vez unha maior importancia. Ademais cada vez máis a comunicación desprázase cara Internet co que é preciso coñecer o funcionamento, as vantaxes así como os perigos desta novas formas de comunicación.
A través destas xornadas, baseándose no uso de ferramentas FLOSS, analizaranse as formas de tirar bo proveito dos interesantes recursos libres que existen hoxe en día a dispoñibilidade de todos os usuarios, que facilitan a interoperabilidade grazas ao uso dos estándares abertos, facendo especial fincapé nas boas prácticas para aprender a empregar o computador de forma máis produtiva e eficiente.
As xornadas terán unha duración de 15 horas distribuídas de 9:00 a 14:00 horas os sábados, 23 e 30 de xullo, e o 6 de agosto . Están abertas ao público en xeral que desexe mellorar no seu uso do computador, sendo de especial interese para os profesores do Plan Abalar, que utilizan sistemas operativos e ferramentas libres, polas boas prácticas que se amosarán para o seu traballo diario co computador na aula.
Programa provisional
Sábado 23 de xullo
- Os estándares e a súa importancia (Unha visión práctica)
- Como compartir/usar a información
- As licenzas e a súa importancia
- A túa seguridade
Sábado 30 de xullo
- Boas prácticas na ofimática
- En que formato comprimo?
- Que formato emprego para os meus documentos?
- Como “compartir vs gardar” a información
- Como realizar un documento de texto
- Como realizar unha presentación
- Ferramentas útiles na ofimática (pdf, mapas mentais, mapas conceptuais, diagramas …)
Sábado 6 de agosto
- A comunicación na rede
- A mensaxería instantánea (o chat)
- O correo electrónico
- As redes sociais
- Mellorando a túa experiencia na Internet
- Aproveitando os recursos dispoñíbeis
- Recursos e servizos web
- Calendarios
- Axendas
Traballo diario con Ubuntu. O sistema operativo libre da USC e do proxecto Abalar
Seminario de 20 horas de duración que ten por obxectivo introducir aos participantes de xeito metódico e exhaustivo nos detalles do funcionamento do GNU/Linux dende o punto de vista do usuario medio, como contraposición aos usuarios avanzados. Búscase amosar que o GNU/Linux está “listo para o escritorio”, derrubando o mito de que se trata de un sistema soamente para usuarios con coñecementos avanzados de informática. Porase énfase en que os participantes rematen o curso cos coñecementos necesarios para poder facer con Software Libre as mesmas tarefas que veñen realizando habitualmente noutras plataformas, para deste xeito axudar a aqueles que se atopen en proceso de migración.
O seminario impartirase de luns a venres entre o 18 e 22 de xullo en horario de 16:30 a 20:30 horas. Está aberto ao público en xeral e non require coñecemento previos xa que partirá dende cero. Será de moita utilidade para os alumnos e ex-alumnos da USC que no futuro aspiren a ser profesores en primaria e secundaria na comunidade galega, xa que o proxecto Abalar emprega unha variante deste sistema operativo. Asemade, tamén é un seminario interesante para os profesores que na actualidade participan ou que participarán proximamente no proxecto Abalar.
Programa provisional:
Luns 18 de xullo
- Como moverse e traballar no entorno da Ubuntu (O escritorio):
- Meu novo escritorio. Diferenzas con Windows.
- Escritorios virtuais (e por que son útiles).
- Moverse polo escritorio (o manexo do nautilus)
- Montar e desmontar dispositivos.
- Como comprimir e descomprimir ficheiros.
- Personalizar o escritorio.
- Lanzadores de aplicativos (gnome-do).
- Como facer copias de seguridade.
- Como gravar fotos, música e datos.
- Configuración do idioma.
- Opcións de inicio.
- Xestión e usuarios.
- Ofimática básica.
Martes 19 de xullo
- Aplicativos para traballar en/con Internet:
- Navegando pola rede (Firefox).
- Traballando co correo electrónico (Evolution/Thunderbird).
- Comunicarse na rede – as redes sociais.
- Outras canles de comunicacións: irc, foros, roldas,…
Mércores 20 de xullo
- Instalar e eliminar paquetes de software:
- O centro de software de Ubuntu.
- Como buscar software.
- Como instalar un paquete individual.
- Como instalar programas que non sexan paquetes.
- Wine: aplicativos de Windows.
Xoves 21 de xullo
- Cando o software libre non é dabondo:
- Aplicativos privativos.
- Códecs.
- Controladores de dispositivo.
- Como xogar en Ubuntu.
- Os xogos sen máis.
- Xogos en wine.
- Xogos mediante outros sistemas (playonlinux, playdeb,…).
Venres 22 de xullo
- As posibilidades do GNU/Linux (breve introdución):
- Ofimática: LibreOffice.
- Multimedia: Rythmbox, Totem, VLC.
- Edición de vídeo: Kino, Kdenlive, Cinelerra…
- Deseño e maquetación: Inkscape, GIMP, Scribus…
- Tratamento e análise de datos: QTIPlot, SAGE, R…
- Programación e desenvolvemento: C, C++, C# (Mono), Ruby…
- VOIP e Videoconferencia: Ekiga, Empathy…
- Python
- The GNU/Linux way:
- A comunidade e a axuda entre usuarios: LUGs.
- Como atopar documentación e axuda: foros de Ubuntu, LFDP…
- Os Grupos de Usuarios de GNU/Linux de Galicia.
Deseño e autoedición con Software Libre: logotipos, revistas e retoque fotográfico
Obradoiro de 15 horas de duración que se impartirá os días 2, 9 e 16 de setembro de 16:00 a 21:00 horas. O obxectivo deste obradoiro é que o asistente coñeza o panorama das ferramentas libres para o deseño, as súas vantaxes así como os seus inconvenientes, aprendendo a traballar coas tres ferramentas libres máis coñecidas neste campo como son GIMP , Inkscape e Scribus .
O alumno aprenderá os fundamentos dos principais aplicativos de deseño co Software libre, capacitándoo para deseñar logotipos, corrixir e retocar fotografías e editar o seu propio material, dende un folleto ata unha revista ou un libro.
Este obradoiro está destinado principalmente a aquelas persoas interesadas no deseño e autoedición co computador mediante software libre. Tanto para aquelas persoas que están a comezar como aquelas que xa teñen coñecementos adquiridos noutros aplicativos privativos, xa que así saberán facer o mesmo con software libre e descubrirán as novas posibilidades que ofrecen estas ferramentas.
Programa provisional
Venres 2 de setembro
- Introdución ao tratamento de imaxes co GIMP
- Conceptos básicos dos mapas de bits
- Interface
- Desfacer, e o que non se pode desfacer
- Solucións rápidas para problemas frecuentes
- Tipos de imaxes
- Preparando imaxes para o web
- Pintar co GIMP
- Seleccións
- Capas
- Textos e tipografías
- Brochas
- Xestión da cor
Venres 9 de setembro
- Introdución ao deseño gráfico co Inkscape
- Conceptos básicos dos gráficos vectores
- Interface
- Formas básicas
- Creación e deseños libres
- Inserir imaxes
- Crear un logotipo
- Crear un folleto informativo
- Xestión de cor
- Formatos finais – exportar
Venres 16 de setembro
- Introdución á autoedición co Scribus
- Conceptos básicos
- Interface
- Ferramentas básicas
- Creación dun libro básico
- Propiedades avanzadas
- Xestión da cor
- Formatos finais – PDF
Os docentes previstos para estes cursos, salvo cambios de última hora, serán recoñecidos especialistas nesta materia e coñecidos membros da comunidade galega do software libre, como son:
-
Roberto Brenlla , Economista e socio fundador da Asociación de Software Libre Agnix. Promotor do “Gnu/Linux para o Pobo” (GNIX). Fundador e CKO da empresa de Software Libre C.T.I. TEGNIX S.L
-
Enrique Estévez Fernández , Coordinador da OSL da USC. Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión e Enxeñeiro Informático (pendente do PFC) pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo. Docente no campo das TIC con máis de 5 anos de experiencia
-
Denís Fernández Cabrera , Presidente da Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG), foi técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela e actualmente traballa nunha editorial e imprenta. Profesional con 10 anos de experiencia en deseño gráfico con Software Libre, actualmente é socio de Sacauntos Cooperativa Gráfica, imprenta que emprega Software Libre no seu fluxo de traballo. Docente con máis de 5 anos de experiencia impartindo cursos en diferentes asociacións e en academias de Santiago de Compostela.
-
Oscar Casal Sánchez, Investigador no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador da empresa de consultoría en Software Libre Tegnix. Experto en Sistemas GNU/Linux con diferentes certificacións na administración de sistemas Linux. Docente cunha experiencia de máis de 10 anos
-
Francisco Diéguez Souto, Experto desenvolvedor de aplicacións web baixo Software Libre. Secretario da Asociación Grupo de Usuarios de Linux de Galicia (GLUG) e técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela. Docente con máis de 5 anos de experiencia.
-
David Martínez Carballo, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo. Docente no campo das TIC con máis de 10 anos de experiencia. Dirixe a súa empresa de solucións informáticas en Galicia, OpenHost.
-
Tomás González Ahola , filólogo cunha intensa vocación experimentadora, fundou Urco Editora, editorial especializada en fantasía, ciencia ficción e literatura gótica que emprega o Software Libre como ferramenta e as licenzas Creative Commons como política de traballo. Ten mais de 30 títulos no seu catálogo, sendo a editora emerxente mais prometedora do panorama galego, con traducións de clásicos internacionais coma Poe, Bellamy, Orson Scott Card, LeGuin, Jack London, Verne, Lovecraft ou E.R. Burroughs.
Todos aqueles interesados en matricularse nestes ou outros cursos da Universidade de Verán da USC deberán estar atentos na propia web da universidade.
