Mancomún

A OSLUSC retoma hoxe en Filoloxía o programa de visitas dos puntos de información en facultades (PIF)

Mércores, 22 Abril 2009

A Oficina de Software Libre da USC (OSLUSC) continúa hoxe na Facultade de Filoloxía coa iniciativa dos puntos de información en facultades (PIF) para promover o uso do software libre entre os membros da comunidade universitaria compostelá.

Este PIF estará activo durante toda a mañá de hoxe e mais a do xoves. Como noutras ocasións repartiranse trípticos informativos, así como exemplares do Galinux, o sistema operativo libre e en galego desenvolvido por Mancomún. Asemade, os técnicos da Oficina prestarán asesoramento en materia de tecnoloxías abertas a todo aquela persoa que o solicite.

A iniciativa dos PIF púxose en marcha o pasado día 1 de abril, data dende a que a OSLUSC leva percorridas a Facultade de Ciencias da Educación,Psicoloxía, Filosofía, e, na pasada semana, a Escola Técnica Superior de Enxeñería.
Neste espazo de tempo repartíronse preto de 600 trípticos informativos sobre estándares, boas prácticas, licenzas e copyleft, sobre a función da Oficina e sobre a personalización Ubuntu-USC, ademais de aproximadamente 200 exemplares de Galinux.

Fonte: Oficina de Software Libre da USC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal