Unha Install Party iniciará aos asistentes na instalación e configuración do Galinux
A ESEIDA ( Delegación de Alumnos da ESEI ) organizará os días 24, 25 e 26 de Abril na Sala de Estudos do Edificio de Ferro a novena edición da festa informática da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, denominada Scul Party 2009 Crisis Edition.
Con motivo deste encontro, a Oficina de Software Libre da Universidade de Vigo (OSLUVI), en colaboración coa ESEIDA, ten programadas unha serie de actividades encamiñadas a promover o uso do software libre entre as persoas máis alleas a este ámbito.
Entre elas, terá lugar unha Install Party co sistema operativo libre e galego, Galinux. Para esta iniciativa Mancomún forneceu un total de 200 exemplares, que serán distribuídos entre todos os asistentes para a práctica deste exercicio. O obxectivo da actividade é capacitar a calquera persoa para a instalación e a configuración do Galinux -e consecuentemente de calquera sistema operativo libre similar- acadando con isto a posta en funcionamento dun completo sistema operativo con todo tipo de aplicativos libres tanto de traballo como de ocio e diversión.
O obradoiro terá lugar o venres 24 entre as 16:00h e as 19:00h. O resto do programa completarase cun obradoiro de Virtualización con VirtualBox e Wine, e cun relatorio sobre aplicativos de ocio con código aberto.
Asemade, estará accesíbel en todo momento un espazo para o uso de xogos libres para todo aquel que desexe probalos.
Presentamos a continuación o resumo das actividades preparadas:
-
Install Party
-
Virtualización con VirtualBox e WINE
-
Conceptos básicos sobre virtualización.
-
Instalación e configuración de VirtualBox.
-
Virtualización dun sistema operativo.
-
Instalación e configuración de Wine.
-
Instalación dunha aplicación en Wine.
-
-
Xogar con Software Libre
-
Xogar empregando Software Libre: unha realidade moi divertida.
-
Ferramentas de instalación de xogos en GNU/Linux.
-
Repaso aos xogos máis entretidos do momento.
-
Webs, repositorios, recursos onde atopar xogos.
-
Partida online cos presentes a: Nexuiz, Pokerth, Wormux, Wesnoth e calquera outro xogo que os asistentes propoñan.
Fonte: OSLUVI
-
