O sindicato de policías de Berlín quere pasarse a Linux para aforrar tempo e diñeiro. Os axentes da capital xermana teñen que investir entre trinta e noventa minutos con cada cidadán para encher un informe. O sistema propietario POLIKS (Police National System for the Information, Communication and Processing) resulta claramente ineficaz e inestable xa que o tempo malgastado como media por distrito en Berlín é de 50 horas mentres que noutros estados non chega ás dúas horas.
O sindicato de policías berlineses propón migrar a Software Libre pola confianza que achegan estes sistemas, moitos deles certificados pola Unión Europea, e co diñeiro aforrado dar un bonus navideño aos axentes.
Fonte: Softpedia
