Dende o 1 de Xullo a policía lituana deixou de empregar software privativo, migrando 8.000 estacións de traballo á suite ofimática de software libre LibreOffice, o que suporá, segundo os seus cálculos un aforro de máis dun millón de euros.
O proceso de migración, segundo indican, tivo unha duración de 6 meses moi intensos de traballo para superar todas as dificultades, xa que a adaptación ao novo entorno foi complicada, máis agora é todo un éxito.
En palabras de Donatas Malaškevičiustas, comisario xefe:
"Como en todos os despregues modernos, a parte máis delicada non é o equipamento. Unha pequena diferenza na interface dun software e adaptar á xente a ese mínimo cambio no escritorio, convértese en algo moito máis complicado do que poida parecer desde fóra.
Pero cando se deron conta da enorme cantidade de diñeiro que estabamos aforrando, os traballadores empezaron a ser máis tolerantes cos cambios e pronto se converteron en expertos á hora de manexar o novo procesador de texto, follas de cálculo, presentacións, gráficos, inserción de formulas matemáticas, base de datos, coa suite de LibreOffice."
A cousa parece que non vai quedar aquí, xa que en varias comisarias do distrito de Kelmes, ademais da migración da suite ofimática, obtouse tamén pola migración do sistema operativo a Ubuntu. Tras varios meses de traballo e probas a conclusión é que o cambio non interferiu na súa actividade habitual.
Estas iniciativas foron ben recibidas pola Oficina Nacional de Auditoría, ao mellorar o control sobre os sistemas informáticos mediante o software libre, e pola Comisión Parlamentaria de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que é previsible ver cambios tamén noutras áreas da administración a curto prazo.
