Mancomún

A próxima UbuCon Europa será en Xixón

Venres, 15 Decembro 2017

Ubuntu ven de anunciar que o evento europeo anual de desenvolvedores e usuarios (UbuCon Europe) do ano próximo, celebrarase a finais de abril (xusto despois do lanzamento de Ubuntu 18.04 LTS) e será emprazado bastante preto, en Xixón.
Durante este evento haberá simultaneamente 2 conferencias e un obradoiro ao mesmo tempo, alén do tempo de conferencias, tamén se fará comunidade desfrutando do tempo de lecer en compañía de desenvolvedores, tradutores, deseñadores gráficos e usuarios mediante actividades turísticas.

Se che interesaría acudir ao evento deberás estar atenta á web do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal