A Rede de Dinamización da SI, en colaboración con Mancomún, ofertan 300 horas de formación en Software Libre en diversos puntos da xeografía galega. Estas horas veñen a completar as máis de 1200 horas xa impartidas dende Xuño de 2007 dentro da oferta formativa en Software Libre dirixida ás PEMES, microPEMES e sociedade en xeral, promovida dede Mancomún a través da Rede de Dinamizacion.
O número de prazas para estes cursos é limitado. A inscrición pode realizarse online dende a páxina da Rede de dinamización.
Os cursos ofertados realizaranse nos meses de novembro e decembro nas seguintes localizacións:
- Bases de Datos
- Sada do 24/11/08 ao 18/12/08
- Camariñas do 24/11/08 ao 18/12/08
- Contabilidade
- San Sadurniño do 12/11/08 ao 17/12/08
- O Barco de Valdeorras do 24/11/08 ao 18/12/08
- Procesador de Texto
- O Saviñao, Escairón do 17/11/08 ao 11/12/08
- Comercio electrónico
- Ribadeo do 12/11/08 ao 17/12/08
- Marketing na Rede
- Allariz do 11/11/08 ao 18/12/08
- Construción de páxinas web
- Centro Comarcal O Carballiño do 17/11/08 ao 11/12/08
- Combarro, Poio do 17/11/08 ao 11/12/08
- Facturación
- Salceda de Caselas do 24/11/08 ao 18/12/08
Fonte: Rede de Dinamización
