Mancomún

A Rede de Dinamización organiza un curso de Impress en Monforte de Lemos

Martes, 16 Setembro 2008

Rede de dinamizaciónA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso de Impress no Concello de Monforte de Lemos. Este curso abordará en catro horas, repartidas en sesións de dúas horas entre os xoves 18 e 25 deste mes, todas as cuestións que permitan ter un coñecemento básico da aplicación para a creación de presentacións multimedia da suite ofimática OpenOffice.org.

O obradoiro está orientado aos membros das asociacións da comarca e desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00. As persoas interesadas deberán contactar coa dinamizadora do concello, Lidia Ferrero.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal