A Rede de Dinamización da Sociedade da Información vén de facer pública a listaxe de proxectos gañadores da segunda edición do Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización, o cal organiza este organismo co gallo da celebración do “Día das Letras Galegas, Día da Internet, Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información”. Este premio ten como propósito fomentar a posta en marcha de iniciativas que promovan o uso do galego e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación en diferentes colectivos: muller, empresa, maiores, asociacións, persoas con discapacidade, software libre e poboación en xeral.
O pasado venres, á vista da resolución do xurado, foron galardoadas as seguintes iniciativas segundo as categorías establecidas.
-
Software Libre
“II XORNADAS DE SOFTWARE LIBRE: Software Libre e Asociacións”
Ana María Rosales García, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello do Grove”.
Ana Lorenzo Rivas, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello de Sanxenxo.
Alberto Fandiño Mariño, dinamizador da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Centro Comarcal O Salnés.
Eliana Bouzas Collado, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Centro Comarcal O Salnés.
-
Asociacións
Déborah Táboas García, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Centro Comarcal Terra de Caldelas.
-
Empresa
Noelia Rafael Cabaleiro, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor na Asociación de Empresarios de Mos.
-
Muller
Raquel Hermida Sueiras, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello das Pontes”.
-
Persoas con discapacidade
“CONCIENCIA-T: Coñecendo e rachando as barreiras“
Maria Francisca García Correa, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu na Asociación de Persoas Xordas de Lugo.
Emilio González Carballo, dinamizador da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor na Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba.
-
Maiores
Oscar Fernández Clapés, dinamizador da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello de Camariñas.
-
Poboación Xeral
Carolina Patiño Freire, dinamizadora da Rede de Dinamización que está a desenvolver o seu labor no Concello de Curtis.
“Tradición dos Ferreiros de Riotorto“
Vanesa Pérez Álvarez, Alejandro Rancaño Herrán, Mª del Camino Rando García, dinamizadores/ras da Rede de Dinamización que están a desenvolver o seu labor nos Concellos de Riotorto e Ribeira de Piquín.
