Ao acto acudirán a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela Martínez, e a delegada da Consellaría de Innovación e Industria en Pontevedra, Montserrat Prado Cores.
O Centro equiparase con 16 computadoras con cámara web e lector de DNI electrónico, dúas impresoras (a cor e en branco e negro), un escáner, un canón e unha pantalla de proxección. Ademais todos os computadores conectaranse mediante wifi a unha liña de datos da máxima capacidade dispoñíbel no lugar.
Para acadar esta dotación foi preciso un investimento total de 227.144 euros, que lle permitirá, ao persoal dinamizador da Rede, achegar á poboación as novas tecnoloxías. Farano a través de obradoiros de diversos contidos, como poden ser a iniciación á Internet, a informática ou a outras ferramentas tecnolóxicas.
O horario de funcionamento da aula será o seguinte:
-
Luns a xoves: de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas.
-
Venres: de 9.30 a 15.00 horas.
Cabe destacar que, antes da inauguración deste centro, a Rede xa estaba presente en Sanxenxo, onde ten realizado 48 obradoiros ao longo dun total de 394 horas, nos cales participaron máis de 402 usuarios e usuarias.
Fonte: Rede de Dinamización
