Segundo unha mensaxe da redactora xefe da revista Linux+, a partir de xaneiro de 2010 esta revista pasará a publicarse exclusivamente en liña para libre descarga en formato pdf (previa subscrición ao boletín de novas) e deixará de saír impresa en formato papel. Desta forma pretenden chegar a un maior número de lectores que dende diversos puntos do planeta lles teñen solicitado a súa distribución nos seus países.

O contido deste primeiro número gratuíto está adicado á programación e é o seguinte:
- Portada: Interfaces gráficas con SDL
- Make: compilación intelixente
- Programando con intelixencia (artificial)
- Theremín Virtual: Un instrumento musical de nova xeración
- Ferramentas forenses para a adquisición de datos
- Análise de soportes de datos con ferramentas de código libre
- DNS: Domain Name System
- Linux no instituto: Implementación dun servidor
- Esclavos de ordenadores novos
Este número pode descargarse dende a propia web de Linux+ previo rexistro na newsletter.
Fonte: DiarioLinux
