Mancomún

A rexión alemana de Schleswig-Holstein aposta por migrar a software libre

Martes, 10 Outubro 2017

Recentemente o goberno desta rexión chegou a un acordo para facer unha migración completa de toda a administración a software libre. Dito acordo vai acompañado dun plan de migración a largo prazo para chegar a unha total migración de todos os seus postos e servizos a software libre.

Unhas das principais razóns que impulsan a facer este cambio son as de “aumentar a confianza dos consumidores e permitir aplicacións innovadoras”, así como “incrementar a seguridade”, en particular no documento que resume o acordo podemos ler:

A cidadanía debe poder confiar na protección e seguridade dos datos, en especial cando son datos confidenciais, en poder do estado. Isto lograse mediante o uso de hardware e software verificable, cifrado de extremo a extremo, tecnoloxía de software libre e promoción da innovación tecnolóxica en termos de seguridade.

Segundo comenta Marit Hansen (xefa do departamento de Proteción de Datos), na decisión tívose en conta unha directiva da Unión Europea que entrará en vigor o vindeiro mes de maio de 2018 e que establece requirimentos máis estritos para a protección de datos e a seguridade da información.

Polo que podemos deducir desta nova, vemos a importancia da parte técnica á hora de escoller software libre. Neste caso podemos ver como o aforro de licenzas non ten unha presencia nas razóns escollidas, senón que o peso da migración vén motivado pola maior seguridade que ofrece o software libre, a verificabilidade do código que trata datos persoais e a maior innovación tecnolóxica que supón.

Fonte da nova.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal