Mancomún

A rexión francesa de Midi-Pyrenees sede da cuarta edición dos Encontros Rexionais de Software Libre

Mércores, 19 Outubro 2016

A rexión francesa de Midi-Pyrenees celebrou a cuarta edición dos seus Encontros Rexionais de Software Libre, na cidade de Toulouse. Estes encontros teñen por obxectivo xuntar á toda a comunidade de software libre desta rexión, servindo como punto de encontro no que mostrar os avances en materia de software libre de cada administración.

"O software libre é un dos tres piares da nosa estratexia dixital" comentaba nadia Pellefigue, vice-presidenta do concello desta rexión. Racionalización do gasto, poñer en valor o traballo local e ter menos dependencias de compañías extranxeiras son tres das vantaxes que destacou tamén.

A conferencia foi organizada polo SoLibre cluster, que inclúe empresas de software libre locais, así como o National Council of Free Software. No evento puidéronse ver numerosos exemplos de implantación de software libre levados a cabo por diferentes administracións nesta rexión.
Así por exemplo, a cidade de Toulouse indicou que dende 2014, cando empezou a súa migración a software libre, o 90 por cento da súa infraestrutura TIC está baseada en solucións de software libre. O concello de Gironde, en Bordeos, mostrou un servizo web de arquivo dixital que poden empregar todas as súas administracións locais, ou a confederación de Carcassonne implantou un portal baseado no software libre Ametys.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal