Mancomún

A TechBusiness Week 2007 adica unha xornada ao Software Libre

Martes, 6 Novembro 2007
A TechBusiness Week 2007 adica o martes 6 de novembro ao Software Libre nun evento que ten lugar na Universidade da Coruña. A xornada está organizada por E-Gallaecia, promovida pola Fundación Sabiria e conta como produtor coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Está apoiada ademais polas tres universidades galegas.
 
O programa recolle relatorios de experiencias exitosas do Software Libre aplicado á administración pública, á empresa privada ou a un medio de comunicación. Entre os relatores estarán representantes das empresas galegas Igalia, Ultreia Comunicaciones ou Queres Tecnologías e do xornal El Correo Gallego.
    

Na banda da administración pública haberá representantes da Junta de Extremadura. Contarase tamén coa presenza de Francisco Javier Rodríguez, profesor da Escola Técnica Superior de Informática de Ourense que grazas a un convenio con Mancomun.org desenvolveu un proxecto de investigación sobre ferramentas libres de xestión de empresarial. Está prevista a presenza ademais  de Jim Markwith OSS (Open Source Software) Licensing Counsel de Microsoft.

Programa da xornada

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal