Mancomún

A tenda de aplicativos para móbiles Android xa supera os 16.000 aplicativos dispoñíbeis

Luns, 21 Decembro 2009

O sistema operativo para móbiles de Google, Android, continúa en pleno desenvolvemento grazas ao continuo lanzamento de dispositivos baseados nel. Ademais, grazas á súa natureza de código aberto perfilouse coma un espazo perfecto para o desenvolvemento de novas aplicacións dispoñíbeis a través da súa tenda en liña, e así o indican as súas máis de 16.000 aplicacións da tenda.

Segundo AndroidLab, o reparto de aplicativos é dun 38 por cento de programas de pago para esta plataforma, fronte a un 62 por cento que son gratuítos.

As empresas de análise de mercado de teléfonos móbiles coinciden en que se está producindo unha eclosión no desenvolvemento de aplicativos para o sistema operativo de Google, pero aínda se atopan lonxe da grande referencia do sector, a App Store de Apple, que o pasado mes de novembro superou as 100.000 aplicacións dispoñíbeis.

Fonte orixinal da nova:
http://www.cenatic.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal