A Universidade da Laguna, a través do servizo de biblioteca, ofrece noventa portátiles, en préstamo, ao alumnado.
Este proxecto desenvolveuse coa colaboración da Oficina de Software Libre, equipando en todos os portátiles Bardinux, a distribución GNU/Linux da ULL baseada en Kubuntu e toda unha colección de software libre de uso xeral, axudando así á difusión entre o alumnado do software libre en xeral.
Este servizo continúa coa política de difusión de software libre da Universidade da Laguna que ten outro referente na aula de acceso libre para os alumnos con 100 postos informáticos equipados integramente con software libre…
