Mancomún

A Universidade de Granada anuncia a apertura da súa Oficina de Software Libre

Martes, 2 Decembro 2008
O martes día 2 de decembro, ás 13 horas no Salón de Actos do Centro de Investigación Biomédica (Campus da Saúde) terá lugar a presentación oficial da nova Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, despois de varios meses en funcionamento. Ao acto asistirán o vicerreitor do Parque Tecnolóxico de Ciencias da Saúde (PTS), Ignacio Molina das Infantas; o xerente do PTS, Jesús Quero Molina; o delegado do Reitor para TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), José Luís Verdegay, e o director da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, o profesor Juan Julián Merelo Guervos.

A UGR apostou polo software libre, creando unha Oficina que servirá para formar e asesorar a usuarios e desenvolvedores deste tipo de software, e a coordinar esforzos dentro da universidade. Nisto segue a iniciativa posta en marcha por outras universidades andaluzas, como a de Cádiz e a outras moitas universidades españolas. A posta en marcha da Oficina de Software Libre da UGR é un reto, xa que se trata da universidade cun maior número de alumnos, profesores e persoal de administración e servizos de todas cantas dispoñen deste tipo de Oficinas.

O acto deste martes servirá así mesmo para presentar o Curso de Formación Básica en Software Libre financiado polo Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (CENATIC), que se celebrará o día 17 de decembro, e un concurso de software libre organizado pola Universidade de Granada, onde se premiarán desenvolvementos que sirvan para que realice o seu labor a comunidade universitaria.

Fonte: Oficina de Software Libre da Universidade de Granada

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal