A liberación destas aplicacións, denomninadas Dumbo e Sócrates, están enmarcadas dentro das iniciativas comprendidas no Plan Estratéxico cara o Software Libre aprobado pola UMU no ano 2005.
A primeira das aplicacións, Dumbo, é unha ferramenta que integra dunha maneira áxil a xestión de incidencias e atención a usuarios nas dúas vertentes que estas conlevan: os usuarios que as orixinan e os expertos que se encargan de resolvelas. Este software está baseado nun sistema web apoaido sobre unha arquitectura de tres capas que garantiza fácil acceso, instalación cero e independencia da plataforma empregada polo cliente.
A outra aplicación denomínase Sócrates e é unha experiencia baseada en software libre consistente na dispoñibilidade dun espazo en discos remotos para aloxar información, principalmente de natureza académica, administrativa e de investigación. A idea non é outra que facilitar a mobilidade do profesorado, de xeito que poida traballar dunha forma cómoda e flexible.
Fonte: La verdad.es
