A Universidade de Oviedo trata de atopar o xeito de reverter os resultados obtidos o ano pasado segundo o IDSL (Índice de Difusión do Software Libre).
O IDSL é un índice que serve para o RuSL(Ranking de universidades en Software Libre). O RuSL é unha clasificación de universidades en función do seu compromiso có Software Libre que realizase dende o 2012 sobre un total de setenta e cinco universidades españolas.
A Universidade de Oviedo situase na parte baixa de esta clasificación cunha valoración de case 8 puntos porcentuais frente os 100 puntos da Universidad Miguel Hernández de Elche ou os 93 da Universidade de Granada. Na mesma clasificación, as universidades galegas destacan na parte alta da táboa ocupando as posicións quinta no caso da Universidade da Coruña, sexta no da Universidade de Santiago e sétima no da Universidade de Vigo. Sendo Galicia a segunda comunidade autónoma do ranking só por debaixo das da comunidade autónoma das illas Canarias
A Universidade de Oviedo busca mellorar o seu ranking. O reitor da Universidade de Oviedo, Santiago García Granda, recoñeceu que “é un compromiso” do equipo que reitor o de fomentar o uso do Software Libre e que o seu uso non debe estar en niveis tan baixos”.
Na pasada reunión do equipo reitor cuestionouse o compromiso do equipo reitor sobre o Software Libre e fíxose fincapé nos altos custos que implican os tipos de licenza para a institución académica en licenzas de Microsoft cando existen “ferramentas éticas” como baseadas en Software Libre que son, ademais, “máis baratas e máis seguras”.
Un caso práctico, explicou Granda é o da loita contra o plaxio académico onde a opción alternativa que estase a empregar, aínda que non é 100% Software Libre, está sendo opción economicamente máis vantaxosa.
Tamén explicou Granda que “xa está en uso Software Libre nos cursos de doutoramento” e que a intención do novo equipo reitoral é “saír fora do software baixo licenza propietaria”, o problema como en moitos outras casos está en que faise necesario un proceso previo de “alfabetización” sobre os seus beneficios para a comunidade universitaria.
Ránking RuSL
O ránking de RuSL, utiliza 66 criterios sobre 76 universidades tendo en conta o uso e ensino de tecnoloxías de Software Libre e de código aberto. Segundo o a mesmas publicación do RuSL para o ano 2016, o software libre é cada vez máis importante para as universidades de España.
