Mancomún

A Universidade de Vigo impartirá o próximo curso o Máster en Consultoría de Software Libre

Mércores, 2 Abril 2008

A Universidade de Vigo impartirá o próximo curso 17 novos títulos enmarcados nos Programas Oficiais de Posgrao e dentro deles está o “Máster en Consultoría de Software Libre”. Este máster oficial terá unha duración dun ano en modalidade semipresencial e impartirase na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense.

A distribución de materias repártese en catro módulos quedando da seguinte forma:

I.- TECNOLOXÍAS E FRAMEWORKS DE DESENVOLVEMENTO DE SOFTWARE LIBRE
  • Introdución ao desenvolvemento de Software Libre
  • Programación áxil
  • Plataformas empresariais
  • Tecnoloxías web 2.0

II.- FERRAMENTAS DE SOFTWARE LIBRE PARA INTELIXENCIA DE NEGOCIO

  • Consultoría e implantación de ERPs
  • Sistemas de intelixencia de negocio
  • Implantación de sistemas CRM
  • Sistemas de comercio electrónico

III.- ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DAS TIC
  • Dirección e política estratéxica da empresa
  • Dirección e xestión das TIC

IV.- SEGURIDADE E LEXISLACIÓN EN ENTORNOS DE SOFTWARE LIBRE
  • Consultoría técnica e legal do Software Libre
  • Administración avanzada de servidores e seguridade en sistemas de información

En breve estará dispoñible a páxina web cos contidos, instrucións para a preinscrición, etc.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal