Mancomún

A URJC e varias organizacións galegas organizan unhas xornadas de difusión da comunidade Morfeo

Martes, 3 Febreiro 2009

As xornadas Morfeo en Galicia terán por obxecto mostrar a diferentes organizacións e empresas galegas as últimas novidades da Comunidade así como achegar Morfeo á realidade das empresas, administracións e usuarios galegos relacionados co mundo do software libre.

A Universidad Rey Juan Carlos (URJC) e máis concretamente o grupo de investigación Libresoft, organiza para o día 13 de Febreiro de 2009 unhas xornadas de presentación da Comunidade Morfeo. Estas xornadas teñen como obxectivo presentar a visión do Software Libre desta Comunidade e as últimas novidades relacionadas con esta. Tamén é unha oportunidade única para coñecer as diferentes empresas e organizacións galegas relacionadas co software libre. As xornadas terán lugar no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) na Universidade de Santiago e a inscrición para elas é gratuíta.

As xornadas contarán coa presencia de Antonio Pérez Casas, asesor do conselleiro de Innovación e Industria para a Sociedade da Información, representantes de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) e da ETSE.

A comunidade Morfeo proporciona un marco aberto de colaboración entre empresas (grandes empresas e PEME), universidades, centros de investigación e a Administración que confían nas (ou desexan experimentar) posibilidades que o software de código aberto ofrece para a consecución dos obxectivos antes indicados…

Programa completo [.pdf]

Máis información en:
http://www.morfeo-project.org/archives/lang_enmorfeo-meeting-in-santiago-de-compostelalang_enlang_esjornada-morfeo-en-santiago-de-compostelalang_es/lng/es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal