A Universidade de Santiago de Compostela vén de liberar tres ferramentas de uso linguístico baixo licenza GPL e desenvolvidas, concretamente, polo Grupo de Investigación en Gramática de Español da Facultade de Filoloxía. O código fonte destas ferramentas está dispoñible para descarga na páxina web da USC. Trátanse dun analizador sintáctico multilingüe baseado en dependencias, un xerador automático de tesaurus multilingüe e un extractor multilingüe de termos multipalabra. Os requisitos técnicos para a instalación deste software son:
- Distribución Linux
- Intérprete perl situado por defecto en /usr/bin
- (opcional) Previa instalación de Freeling
Todas estas aplicacións foron desenvolvidas para galego, portugués, inglés, español e francés.
