Mancomún

A versión 2.0 de Mono facilitará a migración de aplicacións a plataformas libres

Xoves, 15 Maio 2008
O proxecto Mono vén de anunciar que o API Windows.Forms é funcional e compatible co dispoñible en .NET 2.0. Este API, que conta con 12.776 métodos, é no que recaen as funcionalidades do manexo de ventás na plataforma .NET, e o feito de dispoñer dunha API ao 100% permitirá que aplicacións ata o de agora dispoñibles unicamente en plataformas Windows poidan ser executadas noutros sistemas (GNU/Linux, Mac OS, Solaris, …).
O desenvolvemento desta implementación dera comenzo o 8 de Xullo de 2004 e levou máis de 6.400 engadidos no SVN ata a actual versión 1.9.1 (2.0 Beta). Actualmente hai tres backends para X11, OSX e Win32, estanse a facer melloras no marco do Google Summer of Code para a integración cos sistemas operativos, mellorando o soporte para accesibilidade e automatización da interface gráfica, incluíndo soporte RTL e outras novas características.

 
Winforms 2.0 era a peza que faltaba para completar os obxectivos para a versión Mono 2.0. A versión actual está en beta e avisan que é posible que aparezan bugs.

Fonte:

Planet de Mono.NET

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal