Mancomún

A versión 3.0 de VLC acaba de ser liberada

Martes, 13 Febreiro 2018

VideoLAN ven de anunciar a nova versión do reprodutor multimedia máis completo do mercado, o VLC, que ademais de ser libre é multiplataforma, contando con soporte para Windows, macOS, iOS, Android, GNU/Linux, BSD…
A versión 3.0, co nome clave Vetinari acaba de ser liberada e esta conta cunha morea de novas funcionalidades, alén dos máis de 1500 erros solucionados, entre as novidades que salientamos están: Activación por defecto da decodificación por hardware, permitindo definicións UHD (4k e 8k); visualización de vídeos 360º; soporte de profundidade de cor de 10 bits, proporcionando así HDR; soporte de streaming a Chromecast; reprodución de menús Blue-Ray Java (BD-J) e tamén o VLC poderá recorrer a rede local para atopar ficheiros multimedia compartidos para reproducilos.

Se queredes ver a lista completa de novidades así como descargar a nova versión, podedes facelo na páxina do anuncio.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal