A Fundación Mozilla sacará á luz a versión móbil de Firefox contra finais deste ano. Mentres seguen traballando no seu desenvolvemento que segundo eles mesmos comentan, gañou un 600% de velocidade nas últimas compilacións. Ademais, o produto, con nome en chave Fennec, recibiu diversas e interesantes melloras na interface.
Segundo o blogue dun dos desenvolvedores do proxecto (Christopher Blizzard), as últimas compilacións de Fennec (que aínda non son públicas) gañaron moito en velocidade, especialmente en procesadores ARM. No blogue pódese ver un gráfico comparativo do rendemento de Fennec co navegador MicroB, o navegador de serie dos dispositivos móbiles Nokia con OS2008. A comparación e moi significativa xa que o navegador MicroB está baseado no código fonte da primeira versión alpha do Firefox 3, mentras que Fennec ten varios meses de desenvolvemento a maiores no seu código con respecto a esa versión.
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.linuxdevices.com/news/NS7621429594.html
