Mancomún

A VII GUADEC-ES celebrarase en A Coruña os días 22 e 23 de xullo

Luns, 24 Maio 2010

A asociación GPUL anuncia que os vindeiros días 22 e 23 de xullo organizarase a VII GUADEC-ES na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Logo da VII GUADEC_ES Esta 7ª reunión de desenvolvedores e usuarios de GNOME de fala hispana, íase celebrar por vez primeira en lationamérica, sendo Chile o país organizador. Lamentablemente, os acontecementos do devastador terremoto obrigaron a mudar de sede, recollendo a testemuña a cidade de A Coruña.

Logo de GPUL Logo de Ghandalf Así esta 7ª edición da GUADEC é organizada por GNOME Hispano, ademais da propia GPUL e conta coa colaboración da Universidade de A Coruña e a asociación Ghandalf.

A petición de contribucións está aberta ata o 14 de xullo de 2010.
As contribucións poden ser de tres tipos: relatorios, obradoiros/titoriais ou mesas de debate. As áreas de interese son:

  • Proxecto GNOME: organización do proxecto, GNOME Foundation, GNOME e as patentes de software, o futuro do proxecto, empresas e agrupacións involucradas, como colaborar, etc.
  • Plataforma e tecnoloxía GNOME: bibliotecas, principais avances, propostas de mellora, presentacións sobre o uso da tecnoloxía.
  • Aplicativos, usuarios e GNOME: GNOME como contorno de traballo, como ferramenta de traballo en grupo, como plataforma usable e de alta produtividade, etc.
  • Proxectos e tecnoloxías baseadas en GNOME: proxectos e casos de éxito nos que se utiliza GNOME como tecnoloxía de desenvolvemento, usos orixinais das tecnoloxías GNOME.
  • Presentacións formativas ou titoriais sobre tecnoloxías GNOME orientados a principiantes.
  • Calquera outro tema que teña relación directa con GNOME e o software libre.

A información completa tanto sobre os formatos de entrega como sobre o procedemento de envío das contribucións pódese obter na sección de petición de contribucións da web do congreso.

GUADEC e GUADEC-ES

A Conferencia Europea de Desenvolvedores e Usuarios de GNOME (GUADEC) vense celebrando anualmente, dende o ano 2000, nunha cidade europea e congrega a grandes expertos e profesionais da informática e do software libre. O obxectivo desta reunión é amosar os avances no proxecto GNOME por parte da Fundación GNOME, organismo que rexe as especificacións deste contorno de escritorio.

Este ano a XI GUADEC terá lugar na Haia do 26 ao 30 de xullo, onde previsiblemente asistirán os representantes dos principais movementos relacionados co software libre vencellados ao proxecto GNOME.

A I GUADEC-ES celebrouse no ano 2004 compartindo os mesmos obxectivos que a GUADEC, mantendo o seu carácter internacional aínda que orientada fundamentalmente ao público hispanofalante. Este ano celébrase os días 22 e 23 de xullo en A Coruña.

A proximidade nas datas de celebración de ambas conferencias así como a existencia de voos directos dende A Coruña a Amsterdam facilitan este ano a participación nas dúas principais reunións anuais da comunidade GNOME.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal