Mancomún

A web de asistencia de Mozilla actualizouse á versión 1.0

Martes, 14 Abril 2009

Recentemente, Mozilla actualizou o proxecto Sumo á versión 1.0, proxecto que se encontra detrás da web de axuda de Firefox, Thunderbird, e en xeral os produtos de Mozilla, support.mozilla.com.

Trátase dun proxecto comunitario que ten como obxectivo principal dar asistencia técnica e mellorar a experiencia do usuario cos produtos Mozilla. O especial deste proxecto é que calquera voluntario pode ofrecer a súa experiencia para axudar aos usuarios que teñen problemas.

Desta maneira están conseguindo responder a unha media de 2000 preguntas de usuario ao día a través do foro de asistencia e o chat en directo, e uns 1000 usuarios ao día informaron que a base do coñecemento “Knowledge Base” solucionou o seu problema. A base de coñecemento é un sistema que compila, organiza e recupera información para posteriormente poder facer consultas nel.
As novas melloras de SUMO 1.0 permitirán un mellor acceso por parte dos usuarios aos servizos e, entre outras, tamén cómpre destacar que inclúe a posibilidade da tradución a varios idiomas, o que redundará nunha mellor aceptación desta plataforma.

Blog do proxecto:
http://blog.mozilla.com/sumo/

Asistencia de Mozilla
http://support.mozilla.com/es/kb/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal