Mancomún

A web de complementos de Mozilla alcanzou a cifra de mil millóns de complementos descargados

Venres, 21 Novembro 2008

Nun blogue dun desenvolvedor da Fundación Mozilla, anuncian que a web de descarga de complementos para os seus produtos, alcanzou a cifra de mil millóns de descargas, unha cifra incrible, que pon de manifesto as indubidables vantaxes do modelo de desenvolvemento aberto.

 

http://blog.mozilla.com/addons/files/2008/11/totaldownloads.png

As descargas só están contabilizadas da páxina de Addons.Mozilla.Org aínda que moitas extensións se poidan descargar doutros sitios. Ademais fan mención especial a aplicacións como Thunderbird, Sunbird, etc… que xunto con Firefox fixeron que se puidera alcanzar esta cifra.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal